Nestes meses estades a aprender moitas palabras, o voso léxico medra día a día. Non si ?
Algunhas delas quedarán na vosa memoria para sempre: CERRAPORTELOS, AXÓUXERE, OLLOMOL...
No seguinte poema faise referencia á desaparición das palabras, das nosas palabras. Non debemos esquecelas , nin deixar que desaparezan !
Para iso imos crear o noso dicionario particular. Cal é a palabra ou expresión que ides incorporar ? Por que ?
Comezo eu ... SENTIDIÑO porque aínda sendo un diminutivo representa algo moi grande ... o sentido común que nestes días está sendo tan necesario.
Ás veces sinto que no meu país faltan palabras
Sinto que cando a muller da florería
non me fala na miña lingua
desaparece un prado de pensamento azuis,
que cando no taller de chapa e pintura
non falan a miña lingua
se oxida algo por dentro miña,
que perdo cartos
cando no banco non me atenden no meu idioma.
E cando abro os xornais
e a miña lingua só aparece debaixo das pedras,
é como se o meu país fose outro.
Ás veces cando estou no autobús
e non escoito a ninguén falando a miña lingua,
fecho e abro os ollos para ver se estou soñando.
E cando no medio dunha praza escoito un neno
ou unha nena que fala coma min,
teño ganas de abrazala,
de protexela de todo o que está a suceder
antes de que sexa demasiado tarde.
Ás veces sinto que no meu país faltan palabras,
que desaparecen día a día,
que hai xente que as abandona
e xente que as esconde
e sinto que pouco a pouco
o meu país vai facéndose máis pequeno
e que somos menos porque hai menos palabras.
Séchu Sende: Made in Galiza , ed. Galaxia

Ningún comentario:
Publicar un comentario