Neste blogue amosaranse " Retrincos " da aula de Lingua e Literatura galega e tamén " Cousas " da nosa Galicia.

LUGARES !





 
                   Topónimos (τοποσ 'lugar') 
      Díxenche que sempre quixen vivir e traballar na miña terra. Mais non deixa de ser curioso que eu, que tanto mundo andei, aínda estea a descubrir o meu país. Case podo dicir que dei a volta ao mundo pero, ata hai un ano , nunca fixera o propio coa muralla de Lugo. Si que a tiña visto, mais non subira ao seu adarve.
    Visitei as ruínas de Petra, camiñei pola vella Atenas, podería ser unha guía aceptable en Berlín ou en París, mais non me eran familiares aínda Santa Eulalia de Bóveda, Santa Mariña de Augas Santas ou a Frouxeira, por poñerche só algúns exemplos.
     Estivera nos castelos do Loira antes de coñecer ningún de aquí o de San Felipe ou a torre de Xiá, poño por caso. Andara polos mosteiros de media Europa antes que por Oseira, Caaveiro, a Armenteira ou moitos outros que son verdadeiras xoias.
     O mesmo me aconteceu coa nosa historia e coa nosa literatura. Non sabía por exemplo, porque ninguén mo dixera, que tivemos uns reis propios e que están soterrados na catedral de Santiago, na que chaman a Capela das Reliquias.
                                 Marica Campo. Memoria para Xoana.



       Neste fermoso fragmento, a autora reflexiona sobre os lugares. Os nosos lugares, os da nosa terra que para moitos seguen a ser descoñecidos ou están ausentes por querer descubrir o afastado e non o próximo. 
      Deixarei nesta páxina os nosos lugares, espazos, currunchos... que merecen ser visitados e retidos na memoria , pero máis que nada ser descubertos !!!   



 





Ningún comentario:

Publicar un comentario