Neste blogue amosaranse " Retrincos " da aula de Lingua e Literatura galega e tamén " Cousas " da nosa Galicia.

ÚLTIMA HORA !




                  A Real Academia Galega decidiu homenaxear no Día das Letras Galegas 2014 ó poeta de Guitiriz : XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO .



                     Aquí vos deixo unha mostra do seu poemario Nimbos (1961)
                    

                                               
    Penélope 
 

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!



                       Noticia en La Voz de Galicia.
                       Noticia en RAG


                                                    

Ningún comentario:

Publicar un comentario