3º de ESO
A nosa cinza, de Xavier Alcalá
"Unha novela sobre o paso da infancia á adolescencia onde resulta doado identificarse co protagonista. Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universidade, e vivimos as experiencias vitais do protagonista e os acontecementos sociais que lle tocou vivir. A experiencia cotiá feita literatura. Unha novela de iniciación que se atopa entre os libros máis lidos polos adolescentes galegos."

3º de ESO
A esmorga , de Eduardo Blanco Amor
A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro.
A trama desenvólvese na cidade de Auria, trasunto de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais. As 24 horas da esmorga transcorren en inverno, durante unha xornada de choiva, frío e xeada.
3º de ESO
Alexandra , de Lola Gándara
Todo comezou coa desaparición de Alexandra, unha
noite de concerto. Ao tentar atopala, descubrín ata que punto influíra
na miña vida e na dos meus amigos. Pero en cada un de nós, Alexandra era
diferente e non tiña nada que ver coa rapaza que pasou con nós unha
tempada. Tentei descubrir o misterio da súa desaparición e dei cunha
historia do pasado que me deixou abraiada. Como dixo na clase a
profesora de literatura: «A forza da traxedia está na desmesura das
paixóns e no destino tráxico dos protagonistas. Non poden eludilo, son
vítimas e verdugos».
Adultos
O cabo do mundo , Xabier Quiroga
«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario